top of page

Casona Indiana

Este é se cadra o símbolo de Rinlo. Ordeada erguer por D. Inocencio Aguiar López (páxina de persoaxes) ónde antes estaba a casa de Nepomucena, esta imponente construcción data do 1912. A súa estructura encrábase nas típicas casas indianas da época con superficies moi grandes (ronda cáseque os 280 metros por planta) e de varias alturas, repartidas en planta baixa, segunda, terceira e baixo-cuberta (ático). Ademáis dispón de un mirador e un pequeno paseo por enriba do tellado.

A altura das habitacións e variable depedendo da planta, vai dos 2.30 metros ós 3.30 que hai na segunda por exemplo.

O seu penúntimo dono, Domingo Soto García comentanos que habitacións propiamente ditas, ten 7 no total da casa pero que logo se dispon de 15 subdivisións máis, algunhas grandes, como por exemplo, unha da segunda planta que discorre por un lateral e que ten sobre 72 metros cadrados. Tamén conta con dous sevicios, un cuarto de baño e unha cociña amplísima.

No seu exterior, un patio dunhos 360 metros cadrados con dous garaxes, un lavadeiro, un pozo e un horreo. No seu día, ademáis tiña adxunto un pequeno  chalet como residencia do servicio da casa dunhos 50 metros

A historia do título da propiedade, nace en D. Inocencio Aguiar. En vida, posto que era solteiro, a herdeira era a súa ama de chaves Dña Amadora pero á morte deste, ese dereito pasou ó seu sobriño e albacea, D. José Vázquez (José de Valería). D. José casa posteriormente coa criada de seu tio e teñen descendencia. O morreren éstes, o edificio pasa ós fillos do matrimonio que anos máis tarde negocian a súa venda con Domingo Soto García; é o ano 1972. O precio pactado suma 350.000 pesetas e a finca pasa a ser bens gananciais do novo matrimonio.

No ano 2004 é vendida novamente pero neste caso, Rinlo xa perde simbólicamente un dos seus estandartes pois os novos propietarios, non son nados no pobo.

Agora está en fase de reconstrucción-transformación, din que para un hotel ¿...?.  

 

Curiosidades


Daquela, no punto máis alto da casa e de Rinlo, dende ónde se dominaba toda a paisaxe e todo o litoral, estaba situado o mirador como dixemos. Mirador de gran importancía pois alí alumeaba e dirixía ós mariñeiros o primeiro faro con carácter privado da costa cantábrica; nunha casa particular e correndo os gastos a conta do dono.

Á morte de D. Inocencio, o seu herdeiro viuse na obriga de quitalo xa que dificilmente podía cos gastos de luz do alumeado. Mais unha solicitude dos mariñeiros do lugar, logrou que a Diputación se fixese cargo dos gastos eléctricos e éste seguise funcionando.

 

(por Domingo Soto García)

chalet.jpg
image001.jpg
bottom of page