(Santa Eulalia da Debesa ou de a Devesa 1840 ~ La Habana, Cuba 1906).
Sendo mozo campesiño de curta idade, saíu da aldea un día lonxano, para "facer as américas", sen saber ler nin escribir, aínda que era xa un home enriquecido polo traballo e os sacrificios. Como tantos outros, comezou en tarefas de aprendizaxe que o levaron a coller contacto co sector do tabaco, para -en pequenos talleres artesáns- aprender o oficio de "torcedor". A súa ascensión no mundo tabaqueiro foi moi meritoria xa que a súa responsabilidade nesta primeira empresa era cada vez máis importante, debido sobre todo á súa capacidade de traballo e superación persoal.
A comezos da década dos 70 adquiría unha primeira fábrica e antigas marcas da Compañía Tajo e Quevedo.
"La Merdiana", fundada por J.M. Guerediaga, comprouna en 1875 e dela procedía o selo máis estimado.
Deixaría finalmente "La Meridiana" para independizarse e fundar con outros socios a empresa "Antonio Fernández, S.en C.".
Pedro Murias crea despois outras marcas, empresas e fábricas. "La Devesa", como homenaxe ao seu pobo natal, é a máis emblemática, xunto con "Flor de Pedro Murias", orixe de preitos e disputas polo parecido do nome comercial (especialmente "La Flor de J.S. Murias") con produtos elaborados por outros Murias, asturianos, porque houbo non poucos de semellante apelido entre a pléiade de tabaqueiros españois en Cuba.
A súa morte sorprendeuno xove, con tan só 66 anos. Sen muller nin fillos, foron copartícipes da súa herdanza os seus dous sobriños (fillos das súas defuntas irmás) a quen lega os seus negocios principais no sector tabaqueiro, diversas "vegas", un vapor costeiro chamado "Pedro Murias" así como as accións do Diario de la Marina. Ás nenas -Adelaida e Petrona Valdés-, "hijas de la Real Casa de Beneficencia de esta ciudad y actualmente al cuidado de Doña Adelaida Pérez Amoret", encomenda as atencións e desvelos do seu íntimo amigo Don Peregrino García, a quen designa tutor das citadas menores.
Unha notable partida de pesos/ouro foi destinada a vinte xoves da parroquia, dando preferencia aos naturais do pobo de San Xulián dos Carballos. Ademais outro legado de diñeiro mandouno repartir entre as familias máis pobres que existían na citada parroquia.
Unha das súas maiores preocupacións sempre foi a educación dos xoves, para iso deixou tamén no seu testamento a cantidade de 3.000.000 de pesetas para a construción da Granxa Escola que leva o seu nome en Vilaframil. Para o seu mantemento destinou as rendas que producisen as dúas casas que tiña na Devesa e os réditos que desen pola súa venda ou negociación as accións das novas fábricas de cervexas de Puestes Grandes e A Habana.
Ao pobo de Rinlo doou a escola infantil (escola vella), un lavadoiro e dúas fontes -que aínda se poden visitar na actualidade-, ademais dun depósito de 50.000 pesetas para que todos os anos se lles fixese aos nenos da escola un traxe de pana para iren ao colexio.
Outra das súas últimas vontades era que o seu corpo fose embalsamado e depositado nun pequeno mausoleo no cemiterio do pobo que o viu nacer e que aínda o garda a día de hoxe.
Rinlo está e estará sempre en débeda con este home que tanto fixo por nós.
(por Manuel Fernández Fra)
ANEXO
Máis información referente a Don Pedro Murias podemos atopala nun artigo publicado no Correo de Galicia : órgano de la colectividad gallega en la República Argentina: Num. 738 datado o 18 de xullo de 1920. Ver
Tamén no Eco de Galicia na súa edición do 28 de febreiro do 1907. Ver
​
E ademáis, unha edición do periódico ABC do día 8 de abril de 1928. Ler aquí a información.
PEDRO MURIAS Y ROGRIGUEZ
​En 1857 viña ao mundo este home no seo dunha de tantas familias humildes do pobo.
Sendo ben novo, tivo que sufrir emigración como lle pasou a moitos dos veciños naqueles tempos. Parece ser que este señor conseguiu facerse unha persoa importante no sector das tabaqueiras na Cuba de entón. Inclusive se dicía que tiña unha fábrica de tabaco alá. O que sabemos certo é que chegou a Rinlo con bastante diñeiro, tanto como para erguer unha edificación indiana de 640 metros de planta (incluíndo o patio frontal).
Morreu en Rinlo á idade de 68 anos; era o 30 de marzo de 1925.
Cóntase que frente á súa propiedade había unha casa que deixou en herdanza para o párroco de entón, ao cal deixou un encargo: dar unha misa diaria pola súa alma. A peso diario, o valor da vivenda debería dar para pagar o acto litúrxico durante moito tempo, mais iso enseguida deixou de acontecer pois os cartos, co tempo, foron perdendo valor.
Cando chegou de Cuba, vivía con unha irmá, que faleceu antes ca el. Dela tamén se di que tiña terreos por Vilaframil e que deles recibía en renda moitas fanegas de trigo.
Unha distinción outorgada en vida a D. Inocencio foi a Medalla ao Mérito Naval pola construción do primeiro faro e guía privado do Cantábrico no mirador da súa propiedade. Título que foi debidamente inserido na lápida do seu lugar de descanso no cemiterio.
Algún veciño de Rinlo coméntanos que D. Inocencio axudaba á xentiña do pobo e que ademais doaba diñeiro para que desen clases aos nenos do lugar. Tamén nos contan que o solar en que se levantou a Igrexa de San Pedro era propiedade del e que foi entregado en doazón ao pobo para a construción do novo templo.
INOCENCIO AGUIAR LOPEZ
​En 1857 viña ao mundo este home no seo dunha de tantas familias humildes do pobo.
Sendo ben novo, tivo que sufrir emigración como lle pasou a moitos dos veciños naqueles tempos. Parece ser que este señor conseguiu facerse unha persoa importante no sector das tabaqueiras na Cuba de entón. Inclusive se dicía que tiña unha fábrica de tabaco alá. O que sabemos certo é que chegou a Rinlo con bastante diñeiro, tanto como para erguer unha edificación indiana de 640 metros de planta (incluíndo o patio frontal).
Morreu en Rinlo á idade de 68 anos; era o 30 de marzo de 1925.
Cóntase que frente á súa propiedade había unha casa que deixou en herdanza para o párroco de entón, ao cal deixou un encargo: dar unha misa diaria pola súa alma. A peso diario, o valor da vivenda debería dar para pagar o acto litúrxico durante moito tempo, mais iso enseguida deixou de acontecer pois os cartos, co tempo, foron perdendo valor.
Cando chegou de Cuba, vivía con unha irmá, que faleceu antes ca el. Dela tamén se di que tiña terreos por Vilaframil e que deles recibía en renda moitas fanegas de trigo.
Unha distinción outorgada en vida a D. Inocencio foi a Medalla ao Mérito Naval pola construción do primeiro faro e guía privado do Cantábrico no mirador da súa propiedade. Título que foi debidamente inserido na lápida do seu lugar de descanso no cemiterio.
Algún veciño de Rinlo coméntanos que D. Inocencio axudaba á xentiña do pobo e que ademais doaba diñeiro para que desen clases aos nenos do lugar. Tamén nos contan que o solar en que se levantou a Igrexa de San Pedro era propiedade del e que foi entregado en doazón ao pobo para a construción do novo templo.
LEONARDO POSADA LAVANDEIRA
​Nacido en 1904 tivo que emigrar a Cuba ben novo (con 19 anos). Alí traballou de camareiro. Logo de 30 anos fora de Galicia, voltou de novo na procura dunha nova vida. Finalmente casou en Rinlo e ficou aquí definitivamente.
Dicir “José o Ruleiro” é o mesmo que dicir Confraría de Pescadores de Rinlo, xa que a esta entidade dedicou máis de trinta anos da súa vida.
Outra faceta deste home era a de traballar para que a tradición das festas patronais non se perdese. Encabezar a comisión de festas ao longo de moitos anos foi outro dos seus compromisos.
Deixounos en 1988. O seu nome figura tamén nun sitio destacado da historia de Rinlo.
JOSE OLIVEROS BERMUDEZ
Nacido en Melide en 1928, chegou a Rinlo con só 26 anos, case recén saído do Seminario. Antoño de Maripiepa -que por aquel entón andaba polos catorce anos e que foi a primeira persoa de Rinlo que falou con el- dicíanos: -"Lembro que era un día de inverno con un frío que non se aguantaba, chegou en taxi a diante da casa de Amparo. Nada máis baixarse, dirixiuse a min e díxome "Al mal tiempo...!!" ao que lle respondín con celeridade "¡¡... buena cara!!".
Galeguista como o que máis e grande amante da cultura, a música e o teatro, soubo gañar a confianza da xente pola súa sinxeleza, o seu carácter confraternizador e o seu compromiso cos problemas colectivos. Tamén pola súa participación e colaboración desinteresada en calquera proxecto cultural ou social para o que se reclamase a súa implicación.
Chegou a un pobo con certas raíces artísticas, que axudou a manter -e, se cabe, a mellorar- coa creación do coro parroquial. Coro que foi transmitido entre xeracións e que foi mellorando cos anos en participación e, segundo se recoñece, en calidade.
Tamén exerceu de mestre de relixión no Instituto de Formación Profesional "Porta da Auga" de Ribadeo nos anos 1989 e 1990.
Faleceu por enfermidade no ano 1993. Desde a súa morte nada volveu a ser o mesmo entre os fregueses. Foise alguén moi importante e como personaxe moi querido en Rinlo lembrámonos del lendo a placa que o pobo puxo na súa memoria. Está colocada, evidentemente, na igrexa de San Pedro.
ALFONSO PAMPIN CORDIDO
​Naceu en Rinlo o día 28 de febreiro de 1898. Carpinteiro de profesión, a súa vida laboral desenvolveuna practicamente en Casa Maseda de Ribadeo durante un período de 20 anos. Por certo: o citado percorrido facíao todos os días en bicicleta. No seu propio domicilio tiña tamén un pequeno taller en que atendía encargos de veciños e amigos; unhas encomendas que sen dúbida lle reportaban un diñeiro extra que mal non lle viña para criar os seus cinco fillos. Moi afeccionado ao cine, foi encargado de proxección no cine Colón de Ribadeo.
Durante a guerra civil estivo de axudante de enfermaría na granxa-escola "Pedro Murias" onde aprendeu, entre outras cousas, a poñer inxeccións para o que -segundo os veciños- “tiña moi boa man”.
Durante 40 anos foi tamén o encargado de dar corda e do mantemento da maquinaria do reloxo da escola vella desde que foi instalado nesta; labor a que dedicaba case unha hora diaria como se dun fillo máis se tratase.
Aínda que atendía as súas numerosas ocupacións, sobráballe tempo para dedicar máis de vinte anos a exercer a alcaldía do pobo (1939-1960).
O Domingo 29 de maio de 1994 e xa con 96 anos, ergueuse da cama, aseouse, botou colonia, vestiu o seu mellor traxe e como cada domingo foi cara a igrexa para escoitar a misa da mañá. No medio da liturxia, que seguía con grande devoción, o seu corazón parou. Sen dúbida, foi unha morte sinxela para un home sinxelo, traballador incansable e veciño distinguido que permanecerá para sempre no corazón dos rinlegos e de todos aqueles que o coñeceron.
JESUS ALVAREZ MARTINEZ
​Rinlo, 1910~1998.
Como tantos nenos do pobo, tamén se instruíu na escola vella de Rinlo. Logo complementou a súa educación en Tapia (Asturias) interno nun colexio de frades. Para tal "luxo" naquela época, contou coa apadriñamento do seu tío D. José Vázquez Aguiar, descendente do "Indiano" e a quen chamaban "Don dinero".
Sempre emprendedor e activo, rematada a guerra transportou e repartiu patacas por toda a zona até que chegou a Rinlo por negocios a familia Pose con orixe en Malpica (A Coruña). Sen dúbida isto marcou a vida de Vázquez, xa que en sociedade con eles mercou a primeira das cetarias de Rinlo.
Desde esa data, dedicou o resto da súa vida ao marisco, negocio en que chegou a ser un referente en toda esta comarca e incluso no Occidente asturiano con viveiros tamén en Puerto de Vega e Llanes.
José Vázquez foi, sen dúbida, un dos máis grandes empresarios de Rinlo. Polo tanto, é merecedor como o que máis dun sitio entre os personaxes destacados e queridos.
JOSE VAZQUEZ OROZA
​Agora Rinlo está no seu apoxeo turístico e que pola súa xeografía, polos seus costumes e pola súa xente comeza a ser coñecido no resto da península. Unha faceta que adiantada con lixeira vantaxe sobre o resto das características do pobo é a da gastronomía. Sen dúbida ningunha, o arroz caldoso do restaurante da Confraría de Pescadores consegue atraer aquí un grande número de amantes da gastronomía galega. Nestes últimos anos, a clientela pódese contar por miles.
De todos os puntos do pais e de fóra das nosas fronteiras, achéganse a este pequeno recanto do Cantábrico para degustar o arroz; un empuxe que o pobo aproveita ben para mostrar a súa particular beleza.
A responsable desta auténtica peregrinación é a personalidade que agora nos ocupa. Maricarmen (Rinlo, 1956-2000). Logo dunhas vacacións polo sur de Portugal, importou a Galicia unha receita especial e logrou facela súa engadindo algo que en case ningún sitio se pode conseguir como en Rinlo: o marisco.
As desgastadas mans desta traballadora infatigable déronlle ao arroz e ao seu caldo esas gotiñas máxicas para o converter no "Arroz de Rinlo" . Sen dúbida ningunha, un dos nosos mellores embaixadores para o mundo.
O desgraciado día 17 de maio de 2000, con só 44 anos, deixounos logo dun tráxico accidente de circulación.
Nos nosos días, a xente segue achegándose a Rinlo para comer o arroz e o seu fillo Gerardo está agora ao cargo do negocio e a receita continúa conquistando o paladar de propios e estraños.
Para ela tamén o noso agradecemento e o noso cariño.
Mª DEL CARMEN POSTIGO
Naceu o día 16 de maio de 1916 na Devesa e faleceu o día 12 de xuño de 2006 en Ribadeo.
En Mondoñedo, onde viviu un tempo, estudou parte do Bacharelato. Máis tarde, e por libre, comezou Maxisterio. Cando tiña 18 anos xa practicaba o ensino na Granxa Agrícola "Pedro Murias" de Vilaframil (Ribadeo), ao mesmo tempo que seguía estudando. A súa carreira de Maxisterio rematouna na Escola Normal do Maxisterio en Santiago de Compostela, polo ano 1939, e despois continuou dando clases na Granxa Agrícola "Pedro Murias". Á Escola do Estado incorporouse no ano 1944 como mestre interino.
Tivo a súa primeira escola en Santa Cilla (Foz); a segunda en Oirán (Mondoñedo) e a terceira na Anexa á Normal (en Lugo).
No tocante ao pobo de Rinlo:
Solicita a creación, que lle é concedida, e en 1957 funda a Escola de Orientación Marítima.
Durante moitos anos exerceu como Secretario da Confraría de Pescadores e creou a "Pequeña Universidad" para impartir clases de adultos en horario extra-escolar na escola de Rinlo.
Permaneceu en Rinlo até que concentraron as escolas rurais en Ribadeo, no colexio "Gregorio Sanz", onde exerceu como mestre. A xubilación chegoulle no ano 1982. Neste momento, por proposta do Inspector da zona, fóronlle concedidos un voto de gracias e mención honorífica.
O Concello de Ribadeo concedeulle a "Medalla de Ouro", por exercer a docencia ao longo de moitos anos no municipio de onde era natural.
Na certificación da súa folla de servizos figura un curso de capacitación agropecuaria, polo que se lle recoñece a validez da tal capacitación.
A través deste apartado dedicado á súa persoa, reciba D. Agustín a homenaxe do pobo de Rinlo
(por Mª Raquel Gutiérrez Sampedro)