top of page

FESTIVIDADES

Festas de San Pedro

Hai quen data estes festexos de sobre o ano 1910. O 29 e 30 de xuño son os días no que o pobo vístese coas mellores galas para homenaxear ós dous Patróns, San Pedro e San Pablo. Dependendo do traballo dos membros da comisión de festas ó longo do ano, éstas poderían abarcar ata catro días. O que si era costume cada ano era a misa solemne e a procesión das imaxes dos santos polas rúas do pobo. Por certo que é de recibo citar que o barco no que viaxa a imaxe de San Pedro foi feito con gran devoción por José Ramón de Moeche.

Festas do Carme

A festa do Carmen ainda é máis antiga ca de San Pedro. Sendo como é un pobo que vivía do mar maioritariamente, tampouco é de extrañar pois esta Virxe é a patroa dos mariñeiros, ademáis que de sempre, houbo gran devoción a ela.

A  talla da Virxe xunto coas sandias nas que repousa, foi enviada por Antoño de Cobo en transporte ordinario dende Alxeciras (Cádiz); era o ano 1907.

Os festexos non diferencian moito dos outros mais nesta ocasión, a propia imaxe da virxe sae tamén en procesión. A costume é que vaia presidindo a comitiva unha coroa de frores levada por dous mariñeiros. Esta é unha ofrenda que o pobo fai en homenaxe ós que perderon a vida no mar. Na espranada do porto, a coroa é lanzada ó mar ainda que, o longo de varios anos, a Virxe e maila coroa, eran subidas a unha embarcación e a procesión chegaba á boca da Ribeira, cáseque a   mar aberto

Unha das cousas que si cambia é que, como a festa do Carmen celébrase en agosto, acostuma haber bo tempo e iso aproveitase para oficiar a misa no mesmo porto que se engalana para a ocasión.

Festa do Percebe

​Feira gastronómica adicada especialmente ó percebe de Rinlo e patrocinada polo Excmo. Concello de Ribadeo.

A súa primeira celebración data de xullo do ano 2004 e celebrouse no mismiño centro do pobo, na Praza de San Pedro.

bottom of page