COMO CHEGAR
Tal e como sinala o mapa, ahí está Rinlo, no norte da peninsula, en Galicia e na fermosa mariña da provincia de Lugo moi pertiño da fronteira con Asturias.
O acceso pódese facer por mar, por aire no aeródromo de Vilaframil, por tren na liña de vía estreita (Feve) de Oviedo-Ferrol e como máis comunmente se ven facendo dende hai moitos anos, por terra, pola carreteira nacional 634 ou a nova Autovía do Cantábrico A8.
Pola nacional 640, viaxando hacia Asturias dende Lugo (por Vilalba), Coruña e Viveiro ou dende Asturias hacia calqueira das cidades citada antes, no punto kilométrico 558, verá o desvío coa señal indicadora do pobo . Dende esa situación terá que percorrer so unhos 800 mtrs en dirección ó mar. Puxemos antes dende Lugo por Vilalba pois dende esa cidade tamén pódese baixar á mariña por A Pontenova.
Existe outro acceso por carreteira, se cadra, máis bonito; son as pistas construidas o carón do mar e paralelas á nacional 634. Éstas lévano ó centro do pobo sin ter que coller ningún desvío (recomendado). Dende a nacional existen numerosas conexións que levan a estas vías moi frecuentadas na época estival pois son os accesos as praias e areais.