Cetáreas
Sobor do ano 1904 e logo das de Malpica e Cariño, escomenza a funcionar en Rinlo unha cetárea natural ónde para a súa construcción, aprovetouse dunha zoa da costa ónde unha lingua de mar entraba nas rochas e facía unha pequena piscina natural. Cun groso muro de contención e unha comporta na parte inferior para aproveita-las mareas, se fixo alí un criadeiro de marisco, concretamente, centolo e langosta.
A idea foi dun señor de Santa Marta de Ortigueira, Don Baldomero Soto y López, que estaba de turismo pola zoa e que sen dúbida viu naquel negocio, unha auténtica "mina", como así foi. Apontar que o 19 de setembro de 1952, a titularidade da cetárea paso á súa filla, María Luisa Soto Romero
Esa primeira cetárea pasou logo a máns dunha señora francesa da que se descoñelle o nome e que transportaba o marisco a Francia nun veleiro con tanques que tiñan rexas no casco. Pasou posteriormente a máns dun home chamado Apolinar, en sociedade coa familia de D. Eleuterio Posada.
Tra-la guerra a cetárea compropuse en sociedade entre a familia Pose e D. José Vázquez Oroza (páxina de persoaxes) que foi realmente quen traballou máis coas cetáreas. Home emprendedor e gran empresario que logrou darlle un maior empuxe a este séctor. Tal é así que poucos anos despois, para conseguer atender á grande demanda deste producto do mar, logo dun novo estudo e a procura dun pedazo de costa que ofrecese as mesmas características da primeira, naceu a Segunda cetárea ("ou penacín") e sorprendentemente a so cincocentos metros da súa antecesora.
Esta segunda obra xa requeriu máis esforzo. O lugar era xa máis grande e o mar inundaba o recinto por dous sitios. Houbo que cerra-los dous espacios, con cadansua comporta e fixar ata 25 columnas ó fondo para logar cubrir toda a superficie que superaba ó da primeira cetárea en moitos metros. Tamén debido a ísto, habilitouse unha pequena lancha para a supervisión do viveiro.
Outro problema deribado do xeografía do terreo é que podíase acceder á cetárea por varios sitios a pe e houbo que cerrar todo o perímetro cun muro de pedra de uns dous metros de alto.
As oficinas-despachos, tamén houbo que facelos un chisquiño máis alonxados.
Mais tamén neste caso, o mercado pedía máis e máis. O marisco de Rinlo, convencía alí por ónde ía e poucos anos máis tarde, sobre o 1954 estaba xa en funcionamento a terceira cetárea ("ollo longo").
Ainda máis grande ca outra, cunha xeografía máis accidentada e máis alonxada do pobo (sobre un kilómetro), botou a andar esta derradeira empresa.
Para ela, á marxe do mar, habilitouse 10 anos máis tarde unha zoa para a cría de ainda máis espécies. Construiuse un alpendre e dentro del, 16 pios que facían as veces de criadeiros. ós que accedíase por unhos pasillos que rodeabanos completamente.
O complexo desta obra era que a auga do mar debía de estar sempre limpa, por iso, ideouse unha bomba que funcionando as vintecatro horas do día, subía auga que logo, por un circuito cerrado que tiñan os píos, eliminaba a suciedade por un lado e renovábase polo outro.
Aqui lograbase controlar máis os animais e os gastos, xa que no mar e pola súa natureza caníbal, cómense unhos os outros na época de muda do caparazón que os envolve xa que quedan sen defensas fronte ós demáis membros.
Esta cetárea foi a derradeira en pechar das tres. En novembro do 1991 pasou coma subcontrata a unha empresa particular (Cultimar S.L.) que pouco tempo despois, tamén decidiu abandoala.
Agora está en semi-ruinas, mais ó igual cas outras, seguen sendo lugar de visita de turistas e curiosos, se temos en conta sobor de todo, que foron das primeiras de Europa destas carácterísticas.
Como apuntamento dicir que, ó marxe da propia crianza no recinto, tamén a importación de pezas era algo normal destas empresas. Para a segunda e terceira explotación, ianse a buscar ata a Cedeira por Galicia e Luarca por Asturias. Localidades coma Tapía, Foz, Burela de menos distancia, traíanas directamente as cetareas. Ata 15.000 unidades de langosta chegou a haber entre o segundo e terceiro viveiro.
Para rematar diremos que o negocio do marisco en Rinlo non desapareceu de todo. Marisco vivo ainda pódese mercar pois existe un pequeno viveiro nunha casa particular do pobo. Está sita na Rúa Santa Clara, o seu dono, Cosme L. Fraga Río.
Curiosidades
Esta actividade do marisqueo sufriu nos últimos anos unha grande reconversión e industrializouse ainda máis coa creación de piscifactorías e granxas mariñas empregando as derradeiras tecnoloxías na automatización, estudos de mercado, análises bióloxicos, controles sanitarios, profesionalización dos empregados, etc, etc. Pero nos primeiros tempos, o home debía de aplicar tódolo seu inxenio para amarrar ata a última peseta neste negocio que chegaba a facturar moito diñeiro ó longo dos meses. Nos anos dos reais, patacón e perra*, as langostas de 22 centímetros valían un peso. As de 20 cm., medio peso e as de 18, cinco reais. Este sistema durou unhos 10 anos xa que logo contabanse, 100 unidades; cen pezas a tanto por peza, da igual a medida déstas. Logo da guerra, as langostas pagábanse a 5 pesetas a unidade e poucos anos despois xa pasouse ó sistema do precio por peso actual. cións referidas as monedas fraccionadas que desapareceron fai anos e onde o peso equivalía a 5 pesetas; o real, 25 céntímos; patacón ou mota, 10 céntimos e a perra, 5 céntimos.