A charanga “Os rapaces” de Rinlo (Ribadeo) empezou a desfilar no ano 1988 (que ían de rapaces dunha escola e de ahí derivou o nome co que posteriormente participou nos diversos antroidos).
Foi no ano 1991 cando sairon a desfilar en Foz e ian disfrazados de tiroleses, a partires deste ano xa participaron noutros desfiles.
Tódolos que participaron na charanga, a partires do ano 1991, eran veciños do propio pobo de Rinlo, salvo na súa 1ª edición de 1988 na que había membros doutras parroquias de Ribadeo.
A elaboración dos traxes era feita polos propios componentes en largas xornadas que escomenzaban en novembro do ano anterior. Tendo en algunha ocasión axuda externa. Tocábase a base de percusión e turutas todo tipo de ritmos e cancións.
Soiamos compoñer letras de cancións que estaban de moda neses intres e dunha forma irónica creabamos a nosa realidade, pero sempre basados na actualidade.
Participouse en moitos desfiles de varias poboacións entre eles destacamos: Ribadeo Foz, Burela, Lugo, Santiago de Compostela, Mondoñedo ademáis das poboacións de Asturias: Boal, Tapia de Casariego e Vegadeo.
Participouse, tamén, no programa LUAR da TVG
A nosa participación no antroido de Foz foi dende o ano 1991 ata 1999, conseguindo en varias ocasións o 1º premio do desfile: anos 1992 (volvoretas), 1997 (cortesanos), 1998 (mariñeiros)
No ano 2000 xa non se saiu porque parte dos componentes non tiñan garantizada a súa participación nos desfiles e optouse por non sair.
O resume dos anos cos respectivos traxes:
No ano 2003 formouse un grupo infantil, do cal formaban parte membros da anterior charanga xunto cos seus fillos que parte deles ainda non naceran nos anteriores desfiles. Este grupo infantil tamén participou no antroido de Foz no anos 2003 (Os costureiros) e 2004 (Xardín da infancia) obtendo sempre algún premio.
Este grupo tamén está formado por veciños de Rinlo e, de igual xeito que a charanga os rapaces, eleboran os seus propios traxes. Participaron e participan en antroidos da comarca entre eles, ademáis do de Foz, os de Ribadeo, Lourenzá, Tapia, Vegadeo, Trabada. Tendo obtido varios premios nos certámenes nos que participaron.