top of page

CONFRARIA DE PESCADORES

Constitución


O gremio dos mareantes de Rinlo
Establécese na ermida de Santa Catharina do porto de Rinlo, freguesía de Santalla da Devesa, vicaría de Ribadeo. Reunidos o vinte e cinco de xuño de mil seiscentos vinte e cinco o crego da dita freguesía Francisco López e Alonso Valea, Fernando dos Pocos, Pedro Domínguez de Mera, Alonso García, Xan Rodríguez, Alonso Domínguez, Xan Méndez, Xan Martínez, Xan Rei, Xan Domínguez, Pedro de Mantaras, Xan de Longarela, Pedro de Martínez, Xan García, Alonso Méndez, Alonso do Parladoiro, Alonso López, Bartolomé da Pousada, Pedro de Mantaras, Xan Bein, Alonso Álvarez, Alonso Rodríguez, Francisco Domínguez, Bartolomé de Mantaras, Xan de Mantar, Alonso dos Pocos, Domingo dos Pocos, Gabriel Méndez, Xan Pedro Fernández, Alonso do Souto, Domingo López, María Alonso e Inés Palmeira, todos veciños do porto de Rinlo, coa intención de fundar a confraría do Apóstol San Pedro acordan o seguinte:


Constitucións:
Esta a de comezar o día do Señor San Pedro primeiro que virá este presente mes e ano. O dito crego a dicir misa rezada na ermida de Santa Catharina, non podendo a dirá outro crego. De esmola anual 140 reais. O fin da misa a de “andarse y hacer una procesión con la Imagen de dicho Santo alrredor de la dha ermita”. Ademais desto cada luns de cada semana o mais cedo posible o crego que é ou fora de dita confraría de Santalla puidese una misa rezada para que os confrades da dita confraría que se atoparen presentes a puideran escoitar e pola ausencia deste os fillos e muller. O crego recibiría a pitanza e unha esmola. Os mordomos que foran poidan pedir esmola e levar para aumento dela o que valeran e se ganara das candelas e o que os devotos mandaran poñer e puxeran a dito Santo. Si un luns caera Nadal o crego non ten obrigación de vir dicir misa ata o outro día pola obrigación que ten na súa igrexa parroquial. Iten que todos os confrades están obrigados a acudir a oír a dita misa en defecto que lles ocupe algunha cousa forzosa ou ausencia que llo impida a de ir tan sequera unha persoa da súa casa e no seu defecto e que falte pague de pena para dita confraría catro maravedis os cales poida o mordomo cobrar e tomar prenda por eles ata que os pague.
Iten constituímos que a dita confraría a de ter cera para o seu servizo e culto divino e alumar as ditas misas e procesións, e para cando morrera algún cofrade acompañar ó corpo do finado. A costa da confraría dirase pola ánima do defunto unha misa e vixilia cantada na igrexa de Santalla onde se enterrara. E si morrese no mar ou en outra parte se lle diga pola súa anima a dita misa e vixilia cantada e se pague de esmola seis reais co seu responso cantada. Si algún pasaxeiro pobre e outra persoa morrese en dito porto de Rinlo e que non teña bens ningún diráselle unha misa rezada con algunha cera que alumara a dita misa, a costa da confraría. Cada un dos fundadores da dita confraría a de dar de entrada dous reais, os cales se han de entregar en mao a Fernando dos Pocos e Alonso Valea primeiros mordomos, os cales servirán polo período dun ano, que comezará o día de San Pedro de este ano e rematará o día de San Pedro do ano vinte e seis. E norma que o día de San Pedro do ano vinte e seis se xuntaran todos os confrades na ermida de Santa Catharina por e de conta dos ditos mordomos para nomear a os que os substitúan no cargo como mordomos, non podendo estes “repediar el dicho nombramiento” so pena de catro libras de cera para a confraría. Os mordomos tiñan a obriga de tomar e pedir contas a os que saian, polo libro que an de ter debo e gastos que tivera, coa presenza do mencionado crego da Santalla e os confrades que quixeran estar. A confraría a de ter dous mordomos, un libro encadernado e folleado no cal o principio a de ter a dita fundación en el anotarse todo canto fora entrando na dita confraría cada ano e o que se gastase nela e as contas que se tomasen os mordomos para que todo haxa conta e razón. Para aumento da dita confraría e que non “perezca” que cada bolante que o presente hai ou houbera no dito porto de Rinlo canto a pescar todo xero de “pesqueria o perjeles o en otra forma” tivesen ganancia e gañaren algún intre, an de sacar e dar a confraría “medio quiñón ou soldada” e cada barco de castaño que estivese no dito porto un “cuarto de quiñón” de todo o cal se a de cargar cada mestre dos ditos bolantes e barcos e ó cabo da semana dar conta co pago ó tal mordomo ou mordomos. En caso de non facelo debe de pagar una libra de cera para a confraría. A dita confraría a de ser perpetua, e nela terán cabida todos os homes e mulleres nativos do porto de Rinlo. A entrada na dita confraría será dous reais e despois cada ano una libra de cera ou o seu valor. O crego que é ou fora da dita freguesía sexa admitido e recibido por confrade da dita e dela goce como os demais con que de entrada de oito reais e despois cada ano polo día de San Pedro unha libra de cera. Aceptouse como confrade a Francisco Rodríguez de Villaronte y Río veciño da vila de Ribadeo por canto nos ofrece de entrada oito reais, que os mencionados mordomos han de cobrar. A dita fundación foi feita ante o escriban Lópe García de Redondo veciño de Ribado e foron aprobadas polo bispo D. Rafael Cabrera. Na visita que fai o bispo Sr. D. Fr. Gabriel Ramirez de Orellana manda que os mordomos que foran “al presente son de dicha cofradia, por cuenta de ella compren un libro de blanco encuadernado con cubierta de pergamino de trescientas hojas paraque se de dicha cofradía y en el se ponga por cabeza las ordenacionas y constituciones de ella con el auto de erección y aprobación hecha por el Illmo. Señor obispo Fr. Raphael Díaz de Cabrera”. Se anoten a continuación a lista de confrades, “ansi mismo mareantes como no mareantes”. O vinte e sete de maio de mil seiscentos oitenta e oito xuntáronse o Licenciado Lucas López cura da freguesía de Santalla e os confrades designados pola confraría, Francisco Blanco, Alonso de Mantaras, Francisco Lanza, Juan García larena, Andrés López, Andrés Rodríguez, Domingo Mantaras e Diego Vázquez co fin de tratar as constitucións engadidas ou modificadas da confraría. A primeira constitución da dita confraría é agregar e adiantar a misa cantada que se di o día da festividade do Apóstolo San Pedro, a de ser con diácono e subdiácono e que a procesión que se facía arredor da dita ermida o dito día a de ir a da Nosa Señora da Branca con asistencia de presbítero y acólitos. No capítulo undécimo para maior aumento da confraría que todos os confrades “de el mareantes hagan de hacer y dar a dicha cofradía la tercia parte enteramente de un quiñon de la pesqueria que nuestro Señor les diere en las barcas de castaño y en los bolantes han de hacer quiñon entero”. No caso de que algún barco navegase han de facer quiñon enteiro para dita confraría en conformidade coa ganancia do fleto que tivesen. O mesmo todas as persoas mareantes ou confrades que foran a pescar fora deste contorno así por mar, como por terra o vir os que o fixeran por terra deberan aportar para a dita cada un trinta e catro maravedis. Na duodécima, todos os veciños do porto de Rinlo poderán pertencer a dita e deberan dar de entrada cada confrade marido e muller vinte e dous reais cada un e cada ano polo día do Apostol media libra de cera. Nas funcións de enterro dos confrades dirase misa cantada, honras e vixilia, con diácono e subdiácono e co terno negro. Ensimesmo se engade que o dito crego que fora ha de vir a buscar a calquera defunto confrade con cruz, peliz e auga bendita a súa casa. A confraría dará o crego 6 reais. Cada mordomo recibirá cincuenta reais polos servizos prestados. Os cregos que acudan as misas do apóstolo San Pedro recibirán a pitanza. No ano mil seiscentos noventa apartaban fondos á confraría a chalupa de Domingo de Mántaras, a de Domingo Blanco, a de Francisco de Lanza, a de Juan García de la Arena, a de Alonso Longarela, a de Andrés García, Antonio López e compañía, Andrés López e o de Antonio García Piedra. Durante este ano foron catorce “jovenes” a las costas del principado de Asturias o “Besugo"

ribeira10.jpg
Redeirasnapista.jpg
foto86.JPG

A pesca

Sempre collendo como referencia o artígo de D. Eduardo Gutiérrez na páxina de historia e para o cal tivo acceso ós moi interesantes arquivos do Arzobispado de Mondoñedo así como, ós da Parroquia da Devesa, en Rinlo o maior nivel de prosperidade, en canto ó aproveitamento dos recursos do mar, corresponde co reinado de Felipe II e vai decaendo nos anos e séculos ó longo do XVIII: en 1738 había sete barcos de pesca e cuarenta anos despois, ou sexa en 1776, somente dous. Para o mesmo período o número de mareantes pasa de sesenta e catro en 1739 a dezanove en 1776.  
En canto as especies, a máis capturada por ese tempo era a sardiña, seguida do congrio, pescada, raia, etc. A riqueza do cantábrico por aquelas datas era tal, que ata podíase pescar bonito a tan so unha hora da costa cando agora supón días enteiros de viaxe.

En 1773, por ejemplo, pescáronse cincocentos milleiros de sardiñas, que se reducirían cáseque á metade sete anos despois. As causas deste contínuo devalar, tense indicado que se debeu, fundamentalmente, ó recrutamento de mariñeiros para a Armada Real e, sobor de todo, ás cargas señoriais de carácter feudal, isto é, a alcabala que pesaba sobre o peixe.

No tocante á faena do mar, todo o mundo colaboraba e á volta a porto, xa esperaban familiares, achegados, amigos e pescadeiros para axuda-la descarga das capturas e das redes. Imaxinamos que as embarcacións quedaban atracadas no porto ou ben fondeadas no mar.

Sen ningún tipo de infraestructura, o peixe preparabase, clasificaríase e rularíase no propio porto (que daquela so había o pequeno peirao de atraque na beira este da Ribeira) para posteriormente, levalo a vender no día en burro, bicicleta ou no que se poidera a outras vilas coma Ribadeo, Burela ou Mondoñedo.
 Para repara-las mallas, estaban as mulleres. O oficio de redeiras transmitiuse sempre de xeracións en xeracións ata os nosos días e ainda agora seguen quedando algunhas no pobo. No mundo da pesca destas latitudes, sempre tivose as mulleres de Rinlo nun lugar preferente no referido a esta sacrificada labor artesanal.
Ata a aparición do nylon moitos anos despois, ademáis da labor da costura das redes, conservabanse teñíndo as mallas sumerxíndoas en pilas con casca de pino cocida (esfarelada antes con martelos nas rochas) que se traía do monte. O lugar ónde se facía isto en Rinlo era na casona indiana de Don Inocencio Aguiar e no pequeno chavolo que teñen os de Lavandeira no Cristo. Así conseguíase que non perdesen o color polo uso, e polo tanto, non perderan a eficacia na pesca.

O EDIFICIO

 

Onde agora nace a ponte sobor da ribeira, ós pes da Confraría de Pescadores, había unha casa dos chamados  da "Andeana". Esta casa cubría parte do que agora é a praza Calvo Sotelo e parte de ónde se levantou a Confraría, por iso, se acordou tirala para face-la obra que dicíamos antes. Era o ano 1905 (coincidindo coa fundación da Asociación de Pescadores).
Aquelo supuxo unha pequena revolución na infraestructura rinlega que viu cómo nun par de anos, o porto trocaba de paisaxe, co propio edificio da Confraría, a ponte sobor da Ribeira, e o novo porto co muro de contención na boca da Ribeira. No propio porto contruíronse unhos chavolos para a garda de redes e demáis artes de pesca.

O primeiro fin deste local foi para as reunións del Cabildo recentemente constituído e que o facían na primeira planta. A planta baixa ou sótano, foi ónde se instalou unha empresa de salazón de peixe (1931). Dirixida polo armador de buques Don Ladislao Veiga natural de Avilés (Asturias) estivo perto de 20 anos funcionando. Alí traballaban ata catro mulleres e a súa actividade era básicamente, a preparación da pesca para aguanta-la viaxe ata o seu punto de venda e que xeralmente podían ser horas e ata días. Para iso metían as pezas nunhas pilas xa dispostas para tal menester que contiñan sal mariña en grandes cantidades. Para facilitar esta labor, as lanchas chegaban cáseque ata a porta da sazonadora xa que habilitouse un pequeno peirao alí mesmo, fronte á fonte da pedra no areal da Ribeira.

Para as reunións e asambleas do órgano rector, habilitaronse ó longo das duas paredes laterales, varias cadeiras e frente a elas, unha baranda de madeira con un timbre para pedi-la vez ou a verba. O frente, estaba reservado para a mesa do Patrón Maior ou Secretario. Outra das utilidades dos chamadores, era para-la conta do rulero na venda do peixe que se facía no mesmo espacio central dos asientos.

No mesmo lugar das xuntanzas do Cabildo, impartíronse logo clases de orientación marítima por parte de Don Agustín Gutiérrez, o cal posteriormente, chegou a ser Secretario da mesma Confraría e tamén, mestre na escola vella do pobo.

No 1976, finalmente, foron retiradas as xa, sen uso, cadeiras e baranda cos chamadores para a construcción do local social e bar da Confraría. Mais, ó existir ainda unha Xunta Directiva, precisabase un lugar de xuntanza. Por iso, co fin de buscar un local máis axeitado e decente para tales eventos, e reservar unha zoa tan so para oficinas, acordouse no 1985 darlle unha planta máis ó edificio, ampliando así no dobre, a capacidade do local social.

image007.jpg
image009.jpg

O CABILDO

 

A nivel nacional, existen referencias históricas e documentos que o avalan, que as primeiras Confrarías datan do século XI como por exemplo a Confraría de San Martín de Laredo (Cantabria) e do XII coma o Catalán Gremio de Pescadores de Sant Peré. A Xunta de Galicia no prólogo da Lei de Confrarías de Pescadores aprobada el 8 de xullo de 1993, sinala o seguinte: "As confrarías de pescadores son intitucións con fonda tradición histórica en Galicia, ata o punto de que os primeiros antecedentes que se coñecen remontanse ó século XIII, cando aparece a Irmandade das Vilas e Marismas dos Reinos de Asturias e Galicia. Estas entidades pasaron dende entón por diferentes vicisitudes que as fixeron evolucionar ó longo do tempo para adaptarse ás necesidades tanto económicas como laborais que ían surxindo no pais; desta maneira perderon o sinalado carácter relixioso que habíaas caracterizado na súa etapa do comenzo para trocar, primeiro, en organizacións laborais e de asistencia mutua, logo en pósitos de pescadores, e logo, na época máis recente e recuperando a súa antiga denominación, pasar a ser corporacións de dereito público".

Así pois, a Confraría de Rinlo é posiblemente das máis antigas de Galicia máis a confirmación de tal dato, faise difícil cercioralo xa que a documentación da época é mínima e os arquivos eclesíásticos ós que se tivo acceso non reparan moito na estructura pesqueira da época.

Como apuntamos antes, tamén na páxina de historia e a raiz do pleito dos veciños co Obispado de Mondoñedo para lograr a parroquialidade, nos arquivos parroquiales da Devesa, noméase a Confraría de Rinlo no 1775 ainda que, non coma Institución propiamente dita, xa que, según o artigo da Xunta de Galicia, primeiro foi unha agrupación de mariñeiros e logo un Pósito sen un regulamento legal interno ata o 22 de marzo de 1925 cando foi constituida e inscrita como tal; o seu artífice, Don Leonardo Posada Lavandeira.

Como curiosidade decir que non foi idea orixinal de Leonardo Posada xa que, importouna ó pobo dunha que xa funcionaba en Abres (Asturias).

O financiamento correo a cargo da Caixa central de crédito marítimo con 500 pesetas e de Don Incocencio Aguiar con outras 500 pesetas). Ademáis éste último aportaría unha cuota de 100 pesetas anuais para a axuda do desenvolvemento e desarrolo da súa actividade.



Dende a sua creación, foron moitos os homes que dalgún xeito pertenceron ou tiveron relación coa Confraría. Nomes importantes como por suposto Don Leonoardo que diciamos antes, Don José Oliveros Bermúdez (o Rulero), Don Agustín Gutiérrez (Don Agustín), Doña  Telvina Martínez (primeira muller rulero), Don Antonio Oliveros Bermúdez (Antoño da Gloriosa), José Vázquez Oroza (Vázquez), Don Jesús Martínez (o barbas), etc, etc,.

A falta de actividade e de persoal para a súa xestión, no 2004 solicítase o traspaso de poderes á Confraría de Pescadores de Ribadeo, trámite que é aprobado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e publicado no D.O.G.A. o 23 de Abril do mesmo ano.

Para rematar, repasaremos a modo de recordatorio, ós distintos máximos responsables ou Patróns Maiores da Confraría ata a súa desaparición:


D. Leonardo Posada Lavandeira
D. José Rey Fernández
D. José Vázquez Oroza
D. José Posada Debén
D. Domingo Gutiérrez Oliveros
D. Antonio González Fernández
D. José Vázquez Oroza (renomeamento)

A FLOTA

 

Nas primeiras épocas, o séctor mariñeiro estaba formado por Cooperativas de 18, 20 ou 22 socios que armaban as lanchas e inclusive, eles mismos eran a pasaxe das mesmas. Conversando coa pouca xente que ainda lembra ou ben, recibiu información de outros sobor daqueles tempos, nos di que as primeiras embarcacións debían de medir entre 8 ou 10 metros de eslora e a propulsión era a dos propios brazos dos mariñeiros pois navegaban a remo ata alta mar.

 


Cos anos foi aparecendo o motor e os remos foron relegados á pesca de baixura e deportiva perto da costa. Gracias os avances nos aparatos de propulsión, as lanchas cada vez fixeronse máis grandes, máis pesadas e máis resistentes.

Ata pricipios o século XX, as embarcacións seguían rexíndose polo sistema de Cooperativas pero eran xa os derradeiros anos de vida de éstas. Logo, os asociados empezaron a independizarse e mercar lanchas propias para facerse ó mar. Dos últimos anos de Cooperativas, rescatamos nomes coma: A brava (posteriormente El Gallo), A Remedios e a Gijonenca (logo A Nueva Africana).
 
Apuntemos que a embarcación máis grande inscrita na Confraría de Rinlo foi o "García Bla" comprado en sociedade por Ignacio Portillo Bello e Antonio Del Río Alonso no 1974, éste último quedou coma único propietario ó xubilarse Ignacio no 1984. Co casco de madeira e con tan so 18,50 metros de eslora e 5,80 de manga, chegou a navegar polos mares do norte ó bonito. Dita embarcación foi desguazada no 1999.

0113.jpg
marisca.JPG

O MARISQUEO

 

No caso do marisqueo e pesca deportiva a pe ou en lancha, a Confraría de Rinlo xestionaba a zoa comprendida entre punta Promontoiro e Illa Pancha. Distancia costeira da que facían boa conta os mariscadores rinlegos,  bos coñecedores destas ribeiras e da riqueza do mar por este lares.
Como sinalamos antes, e antes da transmisión de poderes á Confraría de Ribadeo, o máximo número de membros afiliados na de Rinlo, chegaban a ser ata 18 para mariscar e 7 para a pesca deportiva (ainda que algún alternaba as dúas labores); isto sobor o ano 1991. Dende sempre houbo moita afición pola pesca con caña dende terra ou embarcación no pobo ainda que, esta actividade estivo e está moi controlada por mor dos numerosos furtivos, e precísase identificación para todo aquel practicante, afiliación nalgunha Confraría e restrinxese a actividade ás temporadas de levantamento de veda marisqueira. O resto do ano xa non se permite a extracción de marisco fora desas tempadas.

Apuntar que facelo e ser sorprendido polos axentes de SEPRONA (patrulla especial da Garda Civil formada no 1988 para a o servicio de protección da natureza) acarrea fortes sancións económicas asi como, a retirada do carnet de mariscador e pesca.

bottom of page