top of page

Escola Vella

Escomenzaremos dicindo, como é pertinente, que foi unha donación dos irmáns Pedro e Jesús Murias y Rodriguez e está situado na rúa que agora leva o mesmo nome. A xestión para o seu funcioamento correu a cargo da sociedade "Unión Rinlega" (páxina de Historia).

A súa inauguración dátase do 1912 e como construcción caracterízabase por unha sólida estructura de cemento e pedra nos muros e madeira no interior; duas plantas máis baixo cuberta, ventás en tódalas fachadas, un servicio en cada planta, enriba un comedor con cociña, un pequeno paseo ó redor do edificio cun pozo na parte posterior e valado en tódolo seu perímetro.

Unha das características da escola é o seu reloxio. Mercado na prestixiosa reloxería fundada por
Don Antonio Canseco y Escudero de Madrid e co "sistema canseco" patentado por él mesmo, comparte engranaxe con outros tan importantes coma o da Catedral de Madrid, Palacio de Oriente ou o do mesmísimo Escorial.

A súa instalación dátase do mes de novembro de 1911.

No interior todo o necesario coma encerados, pupitres, estanterías, mapas, reglas, libros...

D. Pedro Murias deixou ben estipulado no seu testamento que o edificio tíñase que destinar a escola para nenos, cousa da que sempre puxo moito empeño nas derradeiras vontades.

Ademáis o Sr. Murias deixou unha última encomendación, 50.000 pesetas para que ós nenos de entre 10 e 14 anos, fixéraselles un traxe de pana cada ano para ir ó colexio.

Polas épocas que eran, decidiuse separa-los nenos das nenas nas duas plantas do colexio. Os nenos enriba e as nenas na planta baixa.

Aparte do horario normal de apertura, habilitouse un nocturno para aquela xente maior que quixese recibir clase como por exemplo para aprender a escribir e leer, chamabanlle a esta actividade paralela as clases normais: "la pequeña Universidad"; solicitada para Rinlo polo mestre D. Agustín Gutiérrez. A importancia deste colexio na sociedade de Rinlo foi importantísima xa que cando, se concentraron a escolas rurais en Ribadeo, ainda seguironse impartindo ensinanzas extraescolares e demáis actividades.

No mes de outubro de 1934 fundouse a "Agrupación cultural". Biblioteca pública a iniciativa desinteresada de Don Fernándo del Pino e para a cal, se utilizou o local da Escola.

Tamén preparouse un salón de actos na antiga clase das nenas con esceario e camerinos para as representacións teatrais, xuntanzas da Asociación de Veciños, mitins electorais, reunións da Traida de Augas, improvisado ambulatorio etc, etc. Enriba servia de lugar de ensaio do Coro Parroquial.

O reloxio, dende a morte de D. Jesús Alvarez (o manteigueiro) que subía a darlle corda tódolos días, tamén morreu con él e leva parado dende hai moitos anos.

P.D.: A escola nova
 

PROFESORADO

ALGUNHA PROMOCION

O RELOXIO

bottom of page