GRUPO DE TEATRO E BAILE
Falando con algunhas das persoas que algún día formaron parte da familia artística de Rinlo, nos contan que eles so heredaron algo que xa viña de atrás e que xa vai para sesenta anos das primeiras representacións no baile de Leticia, aló polo 1945 ~ 46.
Os propios artistas eran os encargados de ensaiar e construir os decorados, asi como, da música e de lograr os permisos para montar os teatros.
Unhos anos máis adiante, daban os seus primeiros pasos o grupo de baile. De xotas a muiñeiras estes rapaces eran capaces de desenvolverse coma se fosen bailadores de toda a vida. Neste caso, e a diferencia do teatro, si que tiñan maestros que lles ensinaran como eran Alsirita e Nela.
En homenaxe a eles, nomearei a tódolos que deron o primeiro e o máis difícil paso para botar a andar este agrupación:
Mestres:
Maria Alsira Iluminada
Nela Costolla Penabad
Artístas:
José Olveros Bermúdez
Antonio González Fernández
María Oliveros Bermúdez
Anibal Otero Bouza
Maruja Josefa Penabad Rivalta
Jose Alonso Reigosa
Marifrán Gutiérrez Oliveros
Nelida Villar Díaz
Segundo Pérez
Ana Mª Peña Pérez
Marisol González Fernández
Conchita Coto Obarrio
Antonia Prados Dominguez
(por Marifrán Gutiérrez Oliveros)
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Asi pois, con estas raices, non e difícil adiviñar que tanto artista no pobo, non tivese descendencia con estas mesmas inquedanzas, pero xa non so iso, senon que ata día de hoxe, fillos, netos e máis de un bisneto dos antigos, tense xa subido ó encenario en Rinlo.
Unhos anos despois, esta agrupación pasou a chamarse "Airiños da Ribeira" que tamén comprende o Coro parroquial do que falaremos máis adiante. Eran xa máis numerosos por iso necesitaban unhos locais máis grandes para as súas representación. Estes novos locais foron, primeiro o garaxe de Vázquez e posteriormente o salón de actos que se construiu no baixo da Escola Vella (local que se volveu a reformar e ampliar no 1994 por parte da Escola de Oficios de Ribadeo).
Estes rapaces, co paso dos anos, xa non so facían teatro senon que extenderon os espectáculos a play-backs, chistes, cantaban cancións populares e animaban as festas locais con xogos, actuacións, etc. Tal foi a súa fama, que outros pobos do redor viñan a buscalos para actuar nas súas vilas.
Con tristura teño que dicir que a actividade de "Airiños da Ribeira" menguou considerablemente entes últimos anos ata o punto de prácticamente non facer ningún tipo de acto dende hai xa moitos meses.
Non cabe dúbida que a falta de persoas con este tipo de inquedanzas, de locais ónde poder ensaiar e o espallamento da xuventude a outras cidades na procura de traballo e estudos, trouxo o abandono desta práctica que nos ven herdada dos nosos antepasados e que aquí lembramos con agarimo.
Anexo:
O 28 de xullo do 1989, os rapaces do grupo de teatro, representaron unha función composta por unhos play-backs e un pequeno teatro. Foi a repetición do xa realizado meses atrás por esta mesma agrupación e que houbo que volver a representar polo clamor popular xa que o primeiro pase foi todo un éxito.
Para esta segunda función había presta unha cámara de video e gracias a ela, agora podemos mostrarllo para disfrute de todos e como non, dos máis nostálxicos daquelas épocas.
A infraestructura que había naqueles anos no salón de actos para a filmación non era a máis idónea nin tampouco os soportes nos que estivo gardada a copia todo este tempo, por iso, esperamos sepan disculpar a calidade do son e da imaxe.