top of page

INFRAESTRUCTURA

​

Como en calqueira outro pobo rural, as modernidades tamén chegaron a Rinlo, e fixeronno en forma de rúas asfaltadas, prazas adecentadas, beira-ruas, rehabilitación de casas particulares para alquiler ou venda, alumeado público, recuperación de edificios antigos, mellora de abastecemento de auga, luz e teléfono, habilitacion de espacios para o ocio, o deporte e a cultura, apertura de locais de comidas, saneamento integral de residuos, construcción de vías de chegada (por terra), reforzamento e en algún caso reconstrucción de accesos ó pobo (coma a ponte da ribeira), etc, etc. Non cabe dúbida que pouco queda daquel Rinlo onde a Praza do Campo de San Pedro era ainda un prado ónde xogaban os nenos.

Nesta páxina, adicarémoslle unha especial atención ó turista que teña gañas de desconectar do extrés da cidade e queira sumerxirge neste paraiso da tranquilidade como é Rinlo. Para iso, no menú da esquerda, pode atopar máis información de todo o que o pobo ofrece.

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
 

Para os rinlegos de nacimento, de “adopción” ou so  simpatizantes, aportamos debaixo destas liñas, información adicional ónde botamos man do pasado e do Rinlo máis antigo.
 

- SUMINISTROS:

Luz

A Central Eléctrica do Pozo Capitán (no límite de Barreiros e Lourenzá) foi a primeira que abasteceu de luz eléctrica a Ribadeo, Barreiros e Foz; era o ano 1907. A propiedade da firma eran daquela de Reimunde e López.

Esta central deixou de productir enerxía definitivamente en 1981 pero nove anos antes xa fora absorvida por BEGASA (fundada en 1931 logo da fusión de Electra de Viesgo con D. Vicente Trelles e D. Carlos Peláez). Agora é esta empresa a que abatece de Luz a Galicia e Asturias.

Auga

Como xa dixemos anteriormente ónde falabamos da Traída de Augas, o regulamento de este servicio faise dende o propio pobo, pero antes da construcción do depósito en San Xulián en agosto do 1973, o abastecemento de auga corrente non existía e quen tiña pozo de auga na casa, tiña un tesouro.

Teléfono

Ata finais da década dos oitenta e debido sobre todo a diseminación da poboación e á complexidade da orografía galega, ademáis das condicións climáticas, condicionaron o desenvolvemento das telecomunicacións en Galicia. Ata esas datas non foi posible a implantación deste sistema de comunicación no pobo e que se fixo, claro está, polo método tradicional dos postes e cables que ainda dura ata os nosos días.

As primeiras comunicacións telefónicas feitas dende Rinlo datan do 1922 cando D. José de Valeria, herdeiro de D. Inocencio Aguiar López (páxina de persoaxes), trouxo ó pobo e conseguiu instalar os primeiros teléfonos públicos. Decimos públicos porque, ainda que estaban en dúas casas particulares (na de Soledad e de María de Blas), a xente facía uso deles. Isto foi debido a que por aquelas datas, xa gran parte do pobo, ben tivera que emigrar ou ben, estaba embarcada e pasaba cáseque todo o ano fora da casa.

Televisión e Radio

O 28 de outubro de 1956 principaron oficialmente as emisións regulares en España. Os programas inaugurales principiaronse ás 20:30 e o contido consistiu na retransmisión dunha misa, unhos discursos oficiais, a exhibición de duas entregas do NO-DO, unhos reportaxes filmados e as actuacións dunhas orquestras e dos ‘Coros y Danzas falangistas’. As emisións facíanse dende un ‘chaletito’ do Paseo da Habana madrileño que dispoñía dun minúsculo plató dunhos cen metros cadrados. O longo de caseque tres anos TVE foi unha televisión local con ámbito de cobertura limitado exclusivamente á cidade de Madrid.

A Galicia e Sevilla conxuntamente chegaría a señal de televisión en octubre de 1961 e se reducimos máis ó cerco, á costa de lugo, e neste caso Rinlo, recibía nese mesmo ano, a sinal por medio do repetidor do monte  penouta (Boal, Asturias).

Ata despóis do 1961 en que o Estado anula o imposto de luxo sobor destes aparatos e no 1962 en que permitiu a venda a plazos, as familias rinlegas facíaselles imposible facerse cunha televisión, ainda así, e a raiz do citado antes, éstes empezaron a chegar ó pobo a conta-gotas e xa dende o 1962. A primeira, a da Taberna de Antonio González Fernández (o Jenaro).

Como anécdota, sinalamos que sobre o 1930 o mesmo veciño que trouxo os teléfonos comprou tamén unha pequena radio. Sobre as nove da noite abría un bocado a ventá da casa e sen darlle moito volumen para que a Garda Civil da dictadura non a sentira, poñíaa na ventá para os nenos que xogaban na rúa e que logon iban coas novas a súas nais. Unha vez que enfermou D. José, cedeulla a Jesús Alvarez Martínez (o Manteigueiro) para seguir escoitando o noticieiro. Asegurannos que non eran poucos os amigos destas tertulinas ainda que as informacións que acostumaban a chegar daquela eran máis ben malas pois en España estalaxa xa a Guerra Civil.

- SANEAMENTOS:

O saneamento integral de residuos sólidos urbáns, data tan so, do 2002 xa que aproveitáronse as obras do paseo marítimo para canalizar as tuberías ata unha pequena depuradora que foi situada na zona do río da Leira.

- LOCAIS E NEGOCIOS:

Tabernas

Entre o 1925 e 1930, existían no pobo ata cinco tabernas. A de Celsa na Praza Santa Catalina (última en pechar no 2002), a casa de  Blás na Rúa Mirandilla e que anos máis tarde foi reaberto por Lourdes da Asturiana co nome de Bar el Puerto e tamén pechado, a casa da Cosca no calexón do Pardo (carreiro que une a Rúa da Espranza co Campo de María Méndez), unha máis que tamén facía as veces de estanco estaba na Praza Santa Catalina; era a casa de  Juliana e por último, a fundada por Antonio González Fernández (o Jenaro), máis coñecida pola  Taberna do Jenaro na Avda. de Ribadeo. Ésta é a única que segue e dende vai moitos anos rexentada pola súa filla Angelines González (Gelines).

Outra taberna-bar moi coñecida en toda a zoa, foi o  baile de Atilano de Nepomucena na Praza Campo de San Pedro. Ó redor do 1942, Atilano Rey trouxo dunha das tempadas en que estivo embarcado o primeiro aparato musical para uso e disfruto público; un organillo. Con él empezaron os primeiros pasos para o que logo sería o único local de baile que existiú no pobo e que tal foi a súa fama, que ata acercábanse xente dos alrededores a bailar, pero isto acontecía na segunda etapa cando noutro dos viaxes de Atilano, chegou ó pobo cunha Gramola e numerosos discos para ela.

Como anécdotas do bar, diremos que as sesións eran de 8 da tarde a 12 da noite, que como aviso de que iba a sona-la derradeira  canción avisaban ó personal apagando e encendendo as luces. O baile pechou sobre o 1960 pero o bar ainda se abriu nalgunha festa do San Pedro en réxime de alquiler para a Comisión de Festas.

Queremos facer tamén unha pequena reseña á pequena tenda que tiña a xa nai de Celia Alonso (Celia de Maripiepa) na Rúa Virxe Branca. Según nos dín, alí se podía atopar un pouco de todo, dende dedales a perchas ou agullas para cose-las redes.

Perruqueiros

No 1976, ata tres perruquerías había en Rinlo; unha xa levaba aberta dende 1935 e pertencía a José Ramón Penabad Dorado (O Barbeiro), outra empezou nese mesmo ano cando Carlos Rañón Fernández, logo dunha vida no mar embarcado nos mercantes, xubilouse e adicou os anos seguintes a exercer esta profesión, ainda que os dous, máis coma pasatempo ca outra cousa. Os negocios tíñanos nas súas propias casas, e según as familias de ámbolos dous, o Barbeiro pechou no 1970 e Carlos no 1992.

A outra que nos falta, a inaugurada no 1968 por Edelmira Gavín Tenrreira (Mina), veciña de Trabada (Lugo) e casada en Rinlo. A súa clientela erán básicamente donas xa que para os homes estaban a de Carlos e a do Barbeiro que comentabamos antes.

Hoxe en día so "sobrevive" a de Mina e ademáis dela temos persoas con unha moi boa man para eses menesteres. É o caso de María Oliva Fernández (Oliva), nada en As Anzas (Ribadeo) e casada en Rinlo, quen tamén coma hoobie, desenrrola esta actividade coma se de unha profesional se tratase.

AMRO

Taller de costura pertencente ó grupo ZARA e que comenzou a funcionar no 1992 coma un pequeno taller para o que habilitaron un alpendre no propio domicilio do matrimonio formado por Amparo Rodríguez e Roberto Lombardía. Alí a plantilla de empleados chegou a ser de 25.

No 1998 trasladaron o centro de traballo a unha nave nova e moito máis grande nas aforas de Rinlo. A día de hoxe, segue ainda en funcionamento con 35 traballadores.

Correos

Logo da guerra, sobre o 1943, o coche provinte de Lugo coas sacas de correspondencia para a mariña de Lugo, facía unha parada no que agora é a panadería de Vidal no desvío ó pobo da nacional 634, para deixar a correspondente a Rinlo. A diario subía unha muller a buscala, para logo distribuílas polas casas do pobo. Esta señora era Carmen Fernández López (Carmen de Aurelio) e o oficio de carteira, xa foi herdado da súa nai; tiña como oficina a súa  propia casa na Praza Santa Catalina.

A Sra. Carmen estivo sobre dezaoito anos exercendo de carteira en Rinlo, logo todo se centralizou a Ribadeo e ó pobo so baixaba un carteiro, con nómina en Ribadeo pero veciño da aldea. Este era, Pedro de Oroza. Él foi o derradeiro carteiro nado en Rinlo xa que dende xubilarse, o resto de empregados de correos, non eran naturais de Rinlo.

Transportes

No referente a transportes, a única liña regular que pasa por aquí, é o ferrocarril pero hai que subir á estación perto da nacional 634 e so fai parada, nela vai moitos anos que non despachan billetes.

No caso dos autobuses, dende 1960 aproximadamente, so baixa un os mércores pola mañán para leva-la xente que non dispón de coche propio ó mercado a Ribadeo. A empresa de transportes era e segue sendo Autos Dorado de San Pedro de Benquerencia (coñecido por nos, coma o "Páxaro").

Para tódalas cuestións de plans de viaxe, reservas e compra de billetes tanto para autobuses e Taxis coma trens (FEVE Ribadeo: 982-130739), debemos achegarnos a Ribadeo. Mais isto non foi sempre así xa que para leva-la xente a Ribadeo, alá polo 1940, había ata dous coches de cabalos a modo de carretas, tiradas éstas, por mulas. Eran tamén as encargadas de transportar mercadorías que debían acomodarse no medio dos pasaxeiros. Os donos ou "chóferes" eran, o Carrero e outro veciño tamén de Rinlo máis coñecido polo Muín (avó de José Ginzo -Horencio-).

Anos despois, colleu o relevo Antoñín do Carro de San Pedro de Benquerencia, xa que modernizou a sua propia "flota" comprando unha especie de furgoneta de segunda man á que chamaban o Avión, quen sabe si debido á velocidade que podía chegar a alcanzar ou a que era sinxelamente o modelo do motor.

Había tamén un vehículo das mesmas carácterísticas en Rinlo pero xa para uso particular. Coma o anterior tamén tiña o seu mote: "Bipe". O Propietario era Jesús Del Río.

- FORZA PUBLICA

Dende comenzos do século XX e ata pasados unhos sete ou oito anos do remate da Guerra Civil, ainda podíase leer na fachada da casa de Juliana (antiga taberna) o lema: "Todo por la Patria". Alí era o Cuartel da Garda Civil de Rinlo. O destacamento destinado no pobo chegou a contar ata con oito defensores da Lei que vivían coas suas familias en casas coma de Xulia da Eduarda, Isaura ou Vellos de Meira, a casa grande (casona Indiana), a do Jenaro, Elvita, Lela do Castillo e a de Suso de Carmen de Anxela entre outras.

O reximento adicaba o seu quefacer diario a tan so a vixiancia con puntos extratéxicamente situados do pobo. Un deles era o campo do Cristo ónde ainda hoxe pódense ver os restos dunha garita á que a xente de Rinlo coñece polo "chavolo dos guardias".

- SANIDADE:

Sobor do 1978 e despois de duras xestións coa Seguridade Social, o pobo de Rinlo logrou que no salón de actos da escola vella, un médico dese unha consulta semanal e pasara recetas. Mais este servizo non chegou a durar nin un ano.

Aproveitando que falamos de saude e a xeito de homenaxe non podemos esquecer as figuras de Don Joaquín Folgar López e Don Antonio Alonso Mencía. Don Joaquín era nado en Santiago de Compostela e casado en A Rochela (A Devesa). Estivo sobor de 55 anos entre nos mirando pola saude dos rinlegos e de tódolos veciños do redor. Nos primeiros anos, a Rinlo viña en bicicleta a atende-la xente. Poucos anos despois, á marxe de exerce-la mediciña como médico interino en Ribadeo, montou ademáis unha consulta na sua propia casa familiar. Don Antonio naceu en Madrid e casou tamén na zoa, concretamente en Vilaframil ónde tamén tiña a consulta. Dende 1940 a 1953 foi o médico encargado de Rinlo e Vilaframil e tamén para os desprazamentos, a bicicleta que deixaba debidamente “aparcada” na casa de Soledad. Logo marchou para San Cosme de Barreiros ata a sua xubilación. Don Joaquín finou no 2005 e Don Antonio sobor de oito anos antes.

Agora para calqueira cuestión relacionada coa saúde, debe facerse ben por teléfono ou ben desplazándonos a Ribadeo.

bottom of page