top of page
O Porto
A primeira orixe da que se ten constancia, surxe ó redor dun porto baleeiro que había no que agora é a zoa portuaria e fundado por mariñeiros Vascos sobor do século XVII. Albergaba daquela, un facho ou torre de vixiancia, formando parte dun grupo deles que se espallaban noutros portos da costa coma o de Nois, Foz e Burela cos que tamén competía en importancia.
O novo porto foi construído 1905 e a ponte que une ámbalas duas ribeiras no 1909 (doazón éste último de Don Jesús Rodriguez Murias).
É sen dúbida un dos atractivos máis bonitos de ver. Reforzado e arranxado o seu muro de contención ( setembro do 1994) e rodeado na súa totalidade polo paseo marítimo, é o lugar preferido dos rinlegos e dos turistas para o encontro co mar.
bottom of page