top of page
Río da Ariosa (lavadeiro e fonte)
Moi pertiño un do outro, foron donados por D. Pedro Murias no 1909. A fonte foi restaurada no 2000 polos propios veciños e pola escola de oficios do Concello de Ribadeo, o lavadeiro; ámbolos dous, novamente acondicionados polo Concello no 2006, as dúas pezas forman este pequeno e fermoso recodo con moita historia pois o lavadeiro era no pasado un lugar de encontro moi concurrido para lava-la roupa, recoller unha pouca de auga e de paso darlle un repaso á actualidade "rosa" do pobo.
bottom of page