TOPONIMO
TOPONIMO
O nome desta vila, Rinlo, non é máis que un diminutivo de río, do que se deriva. E non debería merecer o seu estudo especial consideración, se non fose porque a súa evidente relación etimolóxica coa palabra latina "rivus" (río) oscureceuse bastante debido ás diferente alteracions fonéticas que ó longo do tempo sufriu.
Á palabra latina "rivus" correspóndenlle as preposicións "ellus", "illus", para formar con elas os diminutivos "rivullus" ou "rivillus" e referirnos así ó pequeno dun río, como facemos coas sús equivalente castelás "río" e "riachuelo".
Perdidas máis tarde a "v" de "rivillus" ante a "e" ou a "i", fenómeno moi común na formación das linguas romances, quedaríanos a palabra "Riillus", que así é como nos aparece atestiguada nas cartas de poboamento feitas polos monxes benedictinos de Lourenzá do ano 1270. O hiato formado polas dúas ies da palabra "Riillus" ha de desaparecer moi cedo pola supresión dunha delas e quedaranos, pola súa reducción fonética a palabra "Rilo", denominación, por outra parte, de moitos topónimos ó longo de Galica como son entre outros "Rilo" (praia de Rilo en Rianxo), "Rielo (na Ría de Abres), etc... o que agora nos ocupa "Rinlo" que encontramos xa así atestiguado no ano 1258 como "... porto de Riilo..." e "... porto de Rielo de Meirengos...".
Poidera extrañar a presencia xa moi tardía da "n" do noso "Rinlo". Esto non debe amosar ningún problema, xa que non é máis que unha simpre nasalización secundaria, moi frecuente, por outra banda, comparable, por exemplo con "esquecer/esquencer". Por iso, non ten trascendencia etimolóxica.
No ano 1784 aparece ainda a palabra como "Rilo" cos mapas de Ojea e Tomás López, segundo nos manifesta E. Bascuas no seus estudios de hidronimia. E non é de extrañar oir ainda nos nosos días a algunha persoa maior de esta fermosa mariñeira referirse a ela co nome de "Rilo", tal e como facía o seu antigo párroco, D. Pedro Cedrón.
A evolución por tanto para a formación desta palabra quedaría establecida da seguinte maneira: Rivus/Rivulus/Rivillus/Rilo e Rinlo.
En calqueira dos casos queda claro a súa derivación do diminutivo "Rivillus", en referencia ó pequeno do río na cuia marxe aséntase a vila, e que, procedente de San Xulián de Vilaframil, desemboca neste pequeno porto.
Observase as veces, unha anomalía fonética no falar popular ó referirse a este nome, pois utilizase moitas veces "Rinle" en vez de "Rinlo". Non negamos que esta relaxación fonética poidera deberse á influencia exercida polo seu sufixo gentilicio "Rinlego". Pero parécenos de máis entidade a explicación de que este troco débese a unha alteración fonética de uso moi generalizado polas que as palabras rematadas na "a" ou "o" trocan esta vocal en "e", como "laxa/laxe" ou "Rosendo/Rosende".
E así, pois, namentras ente nome siga vivo continuará proclamando en silencio que por alí ía ó mar un regato, ainda cando hoxe xa non leve auga. Unha vez máis, como moi ben di o noso mestre E. Bascuas: "... as cousas pasan e os nome quedan".
(por José Mª Rodríguez Díaz -La Comarca del Eo do 26.04.2003-)