top of page

NOTAS HISTORICAS

Polo xeral, falar propiamente de historia significa referirse a unha ampla perspectiva, tanto dos períodos como dos espacios. Agora ben, cabe abordar, dentro de tal disciplina, estudios locais centrados en algún aspecto merecente de investigación. As liñas presentes non son senón unha moi breve paseata polo acontecer histórico deste fermoso recanto mariñan que se chama Rinlo e constituen, apenas, un monllo de notas máis ou menos ailladas de miudezas ás veces, ainda que, dende logo, teñen o mérito de formar parte da historia, mesmo da escrita con mayúscula, xa que, en derradeiro termo, ésta non é mais que a suma de tódolos pequenos aconteceres, viveres, loitas e angueiras dos nosos devanceiros. Para nos teñen ademáis, o valor engadido de asomarnos ó xeito de traballar, de soñar e, frecuentemente, de padecer dos que ocuparon antes estes mesmos lugares, este singular casarío debruzado sobre o mar.
 


(por Eduardo Gutiérrez -ex-alcalde de Ribadeo- para o libro das Festas do San Pedro do  1985)

image002.jpg
bottom of page