​
RECURSOS DO MAR E DA TERRA
​
Non resulta doado fornecer cifras relativas á población de Rinlo a través da historia, posto que nos padróns procedentes do arquito municipal figura englobado na parroquia á que partencia, ou sexa A Devesa. Sabemos iso si, que os veciños eran puocos, porque xa non eran muitos os do Condado no seu conxunto.
1589, o Concello de Ribadeo protestaba contra o requerimento dunha leva de vintedous homes de mar, argumentando que case non había en Rinlo e Ribadeo tantos homes útiles, afirmación posiblemente esaxerada por mor da causa que a provocaba, pero que convén ter en conta e que, pos suposto, non é a única que nos permite afirmar a cativeza da población.
A mediados do século XVIII faise un padrón con motivo da "única contribución" e, a trevés del, sabemos que Rinlo tiña sesenta e oito veciños non habitantes que, naturalmente, serían máis.
O Arquivo parroquial de A Devesa (e aproveitamos para agradecer as facilidades dadas polo actual párroco D. Xesús Monterroso) ofrécenos tamén algún dato, como logo se vterá ó falar dun pleito sostido entre os rinlegos e a parroquia. Adiantemos, por iso, que ainda que cando a liorta comenza en 1775, os representantes de Rinlo aseguran ser seiscentos habitantes, con noventa ou cen fogares. O suscribir un convenio, vintecinco anos despois, firmano sesenta e seis veciños, que "confiesan ser la mayor parte de los que se compone tanto terrestres como matriculados", segundo reza a acta notarial correspondente.
A mediados do pasado século compoñían a población cento doce veciños e catrocentas noventa almas.
O século XVIII e os primeiros anos do XIX é o período de máximo esplendor do porto ribadense, sobretodo no aspecto comercial. O lóngo de moitos anos do século indicado en primeiro lugar, a vila de Ribadeo foi capitalidade de provincia marítima, na que se integraban os fielatos de O Barqueiro, Bares, Viveiro, Celeiro, Portocelo, San Ciprián, Burela, Foz e Rinlo, segundo nos informa Meijide Pardo. Mais, aparte de Ribadeo, o termo xurisdicional contaba con outro porto, se ben de moi pequena entidade e de carácter pesqueiro: Rinlo. Seguindo ó autor antes citado, o maior nivel de prosperidade, en canto ó
aproveitamento dos recursos do mar, corresponde co reinado de
Felipe II e vai decaendo nos anos e séculos ó longo do XVIII: en 1738 había sete barcos de pesca e cuarenta anos despois, ou sexa en 1776, somente dous. Para o mesmo período o número de mareantes pasa de sesenta e catro en 1739 a dezanove en 1776.
En canto as especies, a máis capturada por ese tempo era a sardiña, seguida do congrio, pescada, raia, etc. En 1773, por exemplo, pescáronse cincocentos milleiros de sardiñas, que se reducirían cáseque á metade sete anos despois.
Non é este o lugar axeitado para esplallarse en consideracións sobre as causas deste contínuo devalar, máis tense indicado que se debeu, fundamentalmente, ó recrutamento de mariñeiros para a Armada Real e, sobor de todo, ás cargas señoriais de carácter feudal, isto é, a alcabala que pesaba sobre o peixe.
En canto á primeira convén anotar que segundo actas do Arquivo de Simancas, manexadas polo xa citado Meijide, en 1776 había vintenove mareantes en activo no porto de Rinlo e nada menos que cuarenta ó servizo da Mariña Real. Sobre a alcabala tan so indicar que era un imposto que gravaba a venda do peixe nunha cantidade que se pode cifrar nun 10%, e que se trataba dun imposto señorial. Non esquenzamos que ata que a comenzos do século XIX se decretase a disolución do réxime señorial, Ribadeo estivo sometido como Condado ós Duques de Hijal, herdeiros do título de Condeses de Ribadeo, despois de ser a nosa, na súa orixe, unha vila libre.
Ambolos dous problemas, servizo do Rei e a alcabala, subscitaron frecuentes protestas do Concello ribadense; sabemos, polas actas municipais, que foron varios os pleitos plantexados polos mareantes de Rinlo e, concretamente, temos datado un de 1746 resolto na súa contra.
A mediados do século pasado a actividade pesqueira reducíase notablemente, se debemos creer a Pascual Madoz que di: "a xente do mar ocúpase con tres lanchas na pesca da sardiña, pescada e outros peixes que levan en fresco ós mercados de Ribadeo e Mondoñedo".
A urxencia na elaboración deste traballo non permite entrar en muitas precisións no relativo ós recursos da terra, ainda que si se pode asegurar que, contra unha imaxe tópica, quizais únicamente propia dos non rinlegos, a agricultura foi, dende sempre, unha actividade que ocupou a unha moi elevada porcentaje da población. Así o asegura nun informe ó que logo nos referiremos con máis vagar, o Párroco da A Devesa en 1776: son labregos "los más vecinos del puerto", di.
Pola metade do XIX os productos máis correntes eran trigo, millo, patacas, legumes e nabos.
​
(por Eduardo Gutiérrez -ex-alcalde de Ribadeo- para o libro das Festas do San Pedro do 1985)
​